CRTVG

Buscar

Un incendio calcinou esta mañá por completo un vehículo no interior dun pendello en Mos

Publicado o 26/06/2019 15:13

Un incendio calcinou esta mañá por completo un vehículo no interior dun pendello, no concello de Mos.

O lume orixinouse pouco despois das 12 da mañá, por causas que polo de agora se descoñecen, no camiño das Insuas, en Petelos. Foron os veciños da zona os que alertaron as forzas de seguridade. Ao lugar trasladáronse os Bombeiros do Porriño, Protección Civil de Mos e a Policía Local.

Como consecuencia do incendio a estrutura do pendello tamén quedou seriamente danada. Afortunadamente, non se rexistraron danos persoais, xa que non había ninguén no interior no momento do suceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019