CRTVG

Buscar

Un incendio calcina unha casa e afecta outras dúas no Barco de Valdeorras

Publicado o 26/04/2019 16:08

Un incendio calcina por completo unha vivenda no Barco de Valdeorras e causa danos noutras dúas casas. As lapas comezaron contra as cinco da mañá no tellado dun inmoble da zona de Tremiñá. No interior non había ninguén.

A vivenda acababa de ser alugada e os inquilinos estiveran a traballar nela para acondicionala antes de trasladarse a vivir alí. Foi un veciño da zona o que deu a voz de alarma. O lume fixo que se derrubara a cuberta do inmoble e destruíu completamente o interior. As lapas tamén afectaron as casas lindeiras. Nunha delas vive unha muller, que tivo que ser desaloxada.

Os bombeiros tardaron máis dunha hora en confinar o lume e evitar que se estendera por todo o bloque. Ao longo da mañá varias unidades estiveron traballando aínda na zona para sufocar por completo as lapas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019