Un incendio calcina todo o que había no interior dun restaurante en Louro
O bar restaurante Enxebre está a carón da praia en Louro, na zona máis turística do concello de Muros. Á primeira hora da mañá os propietarios recibiron unha chamada da empresa da alarma: o local estaba ardendo.
Esta cámara da alarma foi a que deu o aviso.
Á cociña non chegou o lume, pero a zona de restaurante, a aberta ao público, quedou totalmente desfeita. Tanto o local coma o mobiliario, conxeladores, neveiras, viveiros...
As primeiras impresións dos bombeiros apuntan precisamente ao motor dos viveiros, que estaban cheos de marisco, como causa do incendio.
Por se fose pouco, o sinistro vén no peor momento; coma outros moitos negocios coma este, o Enxebre pasou a primavera cun ERTE, eagora encaraban a campaña do verán, que ademais ía bastante ben.
No Enxebre traballan seis persoas e din que non se renden. Con optimismo, Jorge quere, polo menos, a ver se puidera non perder todo o mes de agosto.