CRTVG

Buscar

Un incendio calcina por completo unha casa en Cercedo-Cotobade

Publicado o 06/01/2021 14:41

Foi a propietaria da casa, que estaba soa, a que alertou o 112 de que o lume se estendía por toda a vivenda. Tamén foi ela a que tivo que dar indicacións específicas para chegar ao inmoble, ubicado nun lugar de difícil acceso, preto da área recreativa de Lodeiro, en Campo Lameiro.

Os danos materiais non foron poucos. A vivenda quedou practicamente calcinada. Segundo parece, o lume comezou na cheminea e acabou por arrasar toda a casa.

É precisamente nesta época do ano cando se dan máis casos coma este motivados pola mala limpeza das chemineas.

No interior había unha estufa de leña e outra de butano. Descoñécense, polo momento, as causas do incendio, segundo os equipos de extición a vivenda carecía de electricidade.

Levoulles máis de tres horas sufocar o lume. As características do terreo impediron que os bombeiros puideran acceder cos camións e, finalmente, houbo que botar man de medios máis pequenos.

Noticias web

06/01/2021