CRTVG

Buscar

Un incendio calcina parte dun inmoble ocupado ilegalmente na Coruña

Publicado o 27/01/2020 15:15

O lume orixinouse no segundo andar deste inmoble por causas que aínda se descoñecen. Cando chegaron os bombeiros ao lugar o incendio xa estaba bastante consolidado.

Eduardo García, sarxento dos bombeiros da Coruña: "Non se poden saber as causas porque hai moita acumulación de cousas... Non había ninguén e actuouse desde fóra para que as lapas non saísen pola fachada...".

Os dous homes que habitaban no primeiro andar xa estaban na rúa e os bombeiros foron quen de rescatar o seu can que estaba amedrentado debaixo dun colchón.

Eduardo García, sarxento dos bombeiros da Coruña: "Era a única xente que había tanto no baixo coma nos outros pisos... Houbo que colocar un retén preventivo durante algo máis de dúas horas para que non se reavivase".

Amais foi preciso evacuar os veciños do inmoble lindeiro.

Din estar fartos.

E fartos de denunciar, queren que tapien o inmoble para poñerlle fin ao seu eterno problema.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020