Un incendio calcina dous coches no garaxe dunha vivenda en Chapela
Publicado o 13/11/2019 14:13
Esta noite houbo un incendio nun garaxe próximo a unha vivenda en Redondela. Os feitos acontecían nunha vivenda da rúa Ponteseca, de Chapela de Abaixo.
Os danos eran visibles coas primeiras luces do día. O garaxe privado desta casa quedou completamente calcinado e todo apunta a un curtocircuíto. Ao lugar achegáronse dotacións de bombeiros de Vigo e tamén do Porriño. En cuestión de dúas horas conseguiron extinguir un incendio que queimou dous coches e causou importantes danos materiais. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.