CRTVG

Buscar

Un incendio calcina boa parte dunha vivenda no concello ourensán de Riós

Publicado o 15/05/2021 20:21

Un incendio calcinou boa parte dunha vivenda habitada no concello ourensán de Riós.

Foi na localidade de San Cristovo, ao pé da nacional 525. Un particular avisaba ao 112 contra as dúas da tarde, ao ver fume saíndo do teito.

En media hora, os bombeiros tiñan controlada a situación, pero estiveron ata as seis da tarde arrefriando a vivenda para evitar que se reactivase o lume. As lapas devoraron o teito e o andar superior. Afortunadamente, non houbo danos persoais. Non se sabe aínda como se orixinou o lume.

Noticias web

15/05/2021