CRTVG

Buscar

Un incendio calcina a cociña dun restaurante preto da zona urbana de Vimianzo

Publicado o 16/05/2018 14:20

Arde a cociña dun restaurante de Vimianzo.

As lapas calcinaron a cociña deste local situado a uns 3 quilómetros da zona urbana de Vimianzo. O fume xerado polo incendio afectou tamén as outras dependencias do restaurante. Un equipo dos bombeiros de Cee e outro do Grumir de Vimianzo foron alertados pouco despois das 5 da mañá. A intervención dos servizos de urxencia rematou contra as oito e media.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018