CRTVG

Buscar

Arde a Casa Carnicero, un edificio histórico de Oleiros

Publicado o 16/07/2020 22:09
A última hora deste serán declarouse un incendio na coñecida como Casa Carnicero de Perillo. Este inmoble colonial situado xunto á ponte da Pasaxe en Oleiros foi contruído en 1916 e deseñado polo arquitecto Rafael González Villar, autor do Quiosco Alfonso da Coruña.  Os bombeiros conseguiron controlar o lume contra as 10 da noite. 
A Casa Carnicero está incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Oleiros de 2009, pero cunha protección non integral. De feito, o edificio estaba moi deteriorado.