CRTVG

Buscar

Un incendio arrasou unha casa abandonada no barrio vigués de Teis

Publicado o 02/09/2020 16:14

Un incendio arrasou unha casa abandonada en Vigo, onde residían ocupantes ilegais. O lume iniciouse de madrugada na zona da Guía, por causas que polo de agora se descoñecen.

Cando os bombeiros chegaron ao lugar, os ocupantes xa se puxeran a salvo e non houbo que lamentar danos persoais.

A extinción do lume foi complicada. Prolongouse durante máis de dúas horas, porque a estrutura da vivenda era de madeira.

A Policía Local investiga a orixe do incendio que alarmou os habitantes da zona.

Noticias web

02/09/2020