CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa unha vivenda en Mos

Publicado o 04/11/2019 13:13

O lume estendeuse con rapidez xa que o interior da casa era de madeira. E este foi o resultado, a vivenda quedou totalmente calcinada. Ocorreu sobre as 11 da noite na parroquia de Pereiras, en Mos. Na casa residían unha muller e a súa filla pero afortunadamente no momento do suceso non había ninguén no interior, porque a dona da vivenda está ingresada no hospital. A nai da propietaria, que vive moi preto, puxera a calefacción para quentar a casa, antes de que regresara a moza.

Foi a filla da propietaria a que deu a voz de alarma ao volver á casa. Ao lugar desprazáronse os bombeiros do Porriño para sufocar o incendio que, segundo todo apunta, se puido orixinar na caldeira da calefacción.

As mulleres que residían na casa tiveron que ser aloxadas no domicilio duns familiares, xa que a vivenda quedou desfeita.

Noticias web

04/11/2019