CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa unha palloza dun poboado que recreaba o mundo celta en Narón

Publicado o 01/08/2019 14:19

Aos veciños de Sedes aínda lles custa asumir que a palloza principal do seu poboado castrexo está arrasada polo lume. Non conciben que ninguén puidera estragar deste xeito un patrimonio que foron levantando eles mesmos na zona do castro para armar cada verán o Oenach Atlántico, un festival no que recrean o mundo celta.

Tanto o poboado coma o ritual castrexo que representan é obra dos veciños, por iso o vínculo co lugar é especialmente forte.

Unha vez asumido o primeiro impacto, teñen claro que se van poñer mans á obra para reconstruíla. Hai quen xa formulou o compromiso ata en verso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019