Un incendio arrasa unha casa na cidade de Ourense
Publicado o 30/09/2021 21:41
Varias unidades dos bombeiros de Ourense continuan a traballar na zona de Guizamonde para intentar sufocar o lume nunha vivenda abandonada.
Foi un particular o que alertou do incendio contra as cinco e media da tarde. Trátase dun inmoble de dous andares usado as veces por persoas sen teito como refuxio. A casa ardeu por completo.