CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa un pendello, un coche e un motocultor en Tomiño

Publicado o 06/10/2017 14:04

Un incendio arrasou por completo un pendello en Tomiño. Os donos espertaron de madrugada cos estouridos producidos polas lapas. O lume tamén calcinou un turismo e parte dun motocultor aparcados na parcela lindeira. Por sorte, ninguén quedou ferido. A Garda Civil xa se desprazou ao lugar para esclarecer a orixe do incendio, se ben todo apunta a que foi fortuíto.

Neste espazo empregado como invernadoiro e pendello, os donos gardaban redes de pesca e leña para o inverno. O lume non deixou nada recoñecible. As lapas estendéronse con rapidez. O incendio tamén chegou á parcela lindeira e arrasou cun turismo e parte dun motocultor. Polo momento a orixe do lume é incerta, se ben todo apunta a que foi fortuíto. A vivenda está a escasos 20 metros do galpón. Os donos espertaron cos ruídos das lapas. A Garda Civil xa se desprazou para inspeccionar o lugar, se ben todo apunta a que se trata dun incendio fortuíto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2017