CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un incendio arrasa un pendello, un coche e un motocultor

Publicado o 06/10/2017 14:13

Un incendio arrasou por completo un pendello en Tomiño. Os donos espertaron de madrugada cos estouridos producidos polas lapas. O lume tamén calcinou un turismo e parte dun motocultor aparcados na parcela lindeira. Por sorte, ninguén quedou ferido. A Garda Civil xa se desprazou ao lugar para esclarecer a orixe do incendio, se ben todo apunta a que foi fortuíto.

Neste espazo empregado como invernadoiro e pendello, os donos gardaban redes de pesca e leña para o inverno. O lume non deixou nada recoñecible. As lapas estendéronse con rapidez. O incendio tamén chegou á parcela lindeira e arrasou cun turismo e parte dun motocultor.
Polo momento a orixe do lume é incerta, se ben todo apunta a que foi fortuíto.

A vivenda está a escasos 20 metros do pendello. Os donos espertaron cos ruídos das lapas.

A Garda Civil xa se desprazou para inspeccionar o lugar, se ben todo apunta a que se trata dun incendio fortuíto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí