CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa un pendello na Gudiña

Publicado o 12/03/2019 14:33

Foi necesaria moita auga para sufocar as enormes lapas orixinadas no incendio que comezou arredor das cinco da mañá neste pendello situado na parte alta do núcleo da Gudiña. Foi un panadeiro que pasaba a esa hora polo lugar quen deu a voz de alarma. Axiña se presentou o servizo de urxencias local.

O lume puido ter a súa orixe fóra do alpendre. Xusto a carón desta parede a propietaria prendera o día anterior unha fogueira para queimar unhas silveiras e restrollos. Di que deixou o lume apagado, pero esa noite as brasas avivaron e mesmo pasaron ao interior do alpendre.

As faíscas prenderon na palla seca almacenada no interior. Foi tal a temperatura alcanzada que o tellado metálico cedeu con facilidade. O lume levou por diante tamén un carro de madeira e outros aparellos de labranza.

Os danos son evidentes na estrutura da edificación, o que implicará que co tempo poida caer polo seu propio peso, ou que a propietaria deba proceder ao seu derrubamento por seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019