CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa parte da empresa valenciana Fominaya

Publicado o 19/08/2020 08:58

Un incendio ocasionou grandes danos nunha empresa de Valencia dedicada ao deseño, fabricación e distribución de produtos para baños.

No momento do sinistro non había ninguén na nave. Sufocaron o lume bombeiros de sete parques do Consorcio de Valencia. Cando chegaron ao lugar, no polígono industrial de Bétera, as lapas estaban moi estendidas, debido ao material combustible almacenado na nave.

O incendio iniciouse ás tres da tarde de onte e a úlitma hora os bombeiros seguían traballando para extinguilo totalmente.

Noticias web

19/08/2020