CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa as oficinas dunha carpintería en Lousame

Publicado o 08/06/2020 20:00
Un incendio arrasa as oficinas dunha carpintería en Lousame

As oficinas dunha nave de carpintería resultaron completamente calcinadas este luns ao producirse un incendio nas instalacións situadas no concello coruñés de Lousame, en que non houbo que lamentar danos persoais, informou o 112 Galicia. Os feitos ocorreron pasadas as 13.30 horas deste mediodía, cando a propietaria alertou a Emerxencias dun incendio na oficina da nave.

Non houbo que lamentar danos persoais ao non haber a esa hora empregados na nave, situada no lugar de Merelle. Descoñécese polo momento a orixe do lume. Desde o 112, púxose en marcha un dispositivo en que participaron os Bombeiros de Boiro, os membros do GES de Brión e os efectivos de Protección Civil de Noia. Ademais, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención, tamén foron avisados os Bombeiros de Ribeira, así como o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Tras extinguir as lapas, os Bombeiros confirmaron que arderan as oficinas na súa totalidade.

Noticias web

08/06/2020