CRTVG

Buscar

Un incendio ameaza varias casas nun barrio de Lugo

Publicado o 05/09/2019 13:49

As mangueiras aínda están despregadas xunto as casas do barrio da Cheda amezadas polo lume. Os bombeiros deixaronas a disposición dos veciños por si se reactivase o incendio. Ardeu esta leira colindante e as lapas aproximaronse as vivendas. O susto dinos este veciño o que case lle arde o caseto que ten detras da casa foi grande.

"Eu estaba aí e subín arriba comer unha pera e vexo o fume, cando saín para fóra xa vin o lume aí arriba, pero moi rapido todo, favorecía o vento. Tiña medo pola casa, grazas que viñeron rapido os bombeiros, se non ardía todo. Salvouse a casa de milagre".

Ao parecer, a leira que ardeu estaba chea de maleza e isto permitiulle ao lume avanzar con rapidez. Mangueira en man, os veciños axudaron os bombeiros nos labores de extinción.

"As leiras están abandonadas, todas cheas de maleza, non se roza, rozou agora o lume".

O que preocupa no barrio e que todo apunta a que o incendio foi intencionado. E non é a primeira vez que lle prenden lume a esta leira.

"Cando atravesei xa ardera a metade da leira, xa ardeu hai dous anos e que xa van duas veces que eu lembre".

"Xa pasara outra vez, eu tiña herba segada aí e ardérame toda".

Ata o lugar desprazouse unha dotación de bombeiros así coma efectivos da Policía Local e Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019