CRTVG

Buscar

Un imperial Marc Gasol mete a España na loita polas medallas

Publicado o 12/09/2017 19:29

España xa está en semifinais do Eurobasket>. E iso que os alemáns non llelo puxeron doado aos de Scariolo durante os primeiros vinte minutos. A clave do paso estivo en Marc Gasol, especialmente nos últimos dous minutos do terceiro cuarto, en que anotou 12 puntos. Aí rompeu o partido. 72 a 84 finalmente para España, que se medirá na seguinte fase co gañador do choque entre Eslovenia e Letonia. 

Marc Gasol abíu as portas das semifinais para España cun partido maiúsculo. 28 puntos, 10 rebotes, 4 asistencias para levar novamente á selección ao seu espazo habitual, á loita polas medallas. É a décima semifinal de Eurobasket consecutiva. Alemaña resultou ser un rival tan complicado como se agardaba. Non puido empezar peor o equipo de Scariolo cun 7-0 de saída ante un equipo xermano que se articula arredor de Schroeder e a súa capacidade ofensiva. Scariolo púxolle enriba a Joan Sastre para reducir a súa achega e aínda así o base de Atlanta foi quen de rematar con 27 puntos. Os alemáns anotaban a través dos seus bases e España respondía coa achega dos Gasol. Especialmente Marc, que asinou un partido espectacular. Anotou 12 puntos nos últimos 2 minutos do terceiro cuarto e rebentou o encontro. España entrou no último cuarto cun cómodo 53-65 que soubo consolidar nos últimos 10 minutos e que sitúa a este equipo de volta a un territorio conquistado. De novo pelexando polos metais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2017