Un iate de luxo marcha da ría de Vigo cunha laña de dez metros por un veleiro que quixo curiosear demasiado preto
Publicado o 30/03/2021 19:06
A curiosidade vailles custar unha denuncia aos tripulantes dun pequeno veleiro que esta fin de semana rascaron un iate de luxo na ría de Vigo. Ducias de embarcacións achegáronse a ver este impresionante barco ruso. E un veleiro achegouse tanto que acabou chocando contra el. Estaban tan pegados ao barco que non tiñan vento e non conseguían afastarse. Rascaron algo máis dun metro. O capitán xa anunciou que presentará denuncia.