CRTVG

Buscar

Un hospital de Nova York logra con éxito o primeiro transplante simultáneo de cara e mans

Publicado o 03/02/2021 21:07

Un hospital de Nova York acaba de anunciar o primeiro transplante simultáneo de cara e mans. O receptor é Joe DiMeo, un mozo de 22 anos que sufrira graves queimaduras nun accidente de tráfico.

O transplante tivo lugar en agosto. Cinco meses despois, Joe pode facer moitas actividades cotiás para as que quedara incapacitado. Incluso é quen de facer pesas e utilizar as máquinas do ximnasio.

Noticias web

03/02/2021