CRTVG

Buscar

Un hospital barcelonés garante transplantes sen transfusións para testemuñas de Xehová

Publicado o 13/03/2018 21:20
Un hospital barcelonés garante transplantes sen transfusións para testemuñas de Xehová

O hospital do Mar de Barcelona puxo en marcha o primeiro protocolo en España para garantir os transplantes renais sen transfusión de sangue para as testemuñas de Xehová. O centro hospitalario barcelonés xa realizou dous transplantes en que os receptores son crentes desta confesión relixiosa.

Os responsables do centro hospitalario barcelonés explicaron que con este protocolo de transplantes renais trátase de respectar as crenzas das testumuñas de Xehová, confesión que non admite a transfusións de sangue. Engaden que o procedemento cirúrxico é o mesmo pero tanto antes coma despois da operación minimízase o risco de sangrado.

"É un programa que permitise chegar ás testemuñas de Xehová a un transplante cun nivel de glóbulos vermellos máis alto do habitual , máis esixente do que lle pedimos a calquera outro paciente en lista de espera e iso permítenos facer a cirurxía coas garantías de non ter que transfundir", sinala a nefróloga Marta Crespo.

No hospital del Mar xa levaron a cabo en 2016 e en 2017 dous transplantes de ril con este protocolo,un deles de doante vivo en que, tanto o receptor coma o doador eran testemuñas de Xehová.

"Impartíronnos tranquilidade en todo momento canto ás nosas crenzas e na operación e foi todo moi ben", di un paciente.

Os médicos sinalaron que estes protocolos tamén poderían implantarse noutro tipo de cirurxía, como a oncolóxica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018