CRTVG

Buscar

Un home sofre a amputación dunha perna ao ser atropelado por un coche mentres reparaba o seu

Publicado o 10/09/2021 08:05
Un home sofre a amputación dunha perna ao ser atropelado por un coche mentres reparaba o seu

Un ferido grave nun accidente no distrito madrileño de Carabanchel. É un home de 40 anos que estaba intentando cambiar a luz dun piloto do seu coche estacionado. Por causas que se descoñecen, o vehículo que estaba aparcado detrás atropelouno e amputoulle a perna dereita por debaixo do xeonllo. Os servizos de urxencias estabilizárono e trasladárono ao hospital da Paz, onde intentarán reimplantarlle o membro.

Noticias web

10/09/2021