CRTVG

Buscar

Un home queda ferido tras unha explosión nun piso de Narón

Publicado o 17/04/2019 20:17

Un home quedou ferido grave tras unha explosión e o posterior incendio na súa vivenda de Narón. Ao lugar trasladáronse os bombeiros e unha ambulancia do 061 que atendeu o ferido das queimaduras sufridas nas mans antes de trasladalo ao complexo hospitalario da Coruña, onde permanece na unidade de queimados. Os bombeiros investigan agora as causas que puideron provocar a explosión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí