CRTVG

Buscar

Un home resulta con queimaduras en todo o corpo a causa do incendio nunha vivenda en Bande

Publicado o 22/01/2021 17:33

Un home quedou ferido este venres, con prognóstico reservado, e queimaduras en todo o corpo, tras o incendio da vivenda onde reside no concello ourensán de Bande.

A vítima, un home coa mobilidade limitada, foi evacuado ao Complexo Hospitalario de Ourense. A causa do lume pode estar nun braseiro que había na estancia onde estaba o home.

A vivenda sufriu daños materiais en dous cuartos sen que pareza afectada a estrutura nin a habitabilidade.