CRTVG

Buscar

Un home queima a súa casa e sete coches en Murcia

Publicado o 12/10/2021 19:04
Un home queima a súa casa e sete coches en Murcia
EFE

Un home quedou este martes ferido grave por queimaduras e outros tres familiares intoxicados polo fume do incendio da súa casa provocado por un fillo, que levaba unha arma de fogo coa que disparou varias veces e tamén queimou 7 coches aparcados na zona en Molina de Segura (Murcia).

Segundo o 112 e fontes municipais, ocorreu na Gran Vía sobre as 6:15 horas, preto da praza de Pío  XII, onde se sitúa o inmoble de 2 plantas do que foron rescatadas polos bombeiros tres homes e unha muller entre 52 e 80 anos.

O de máis idade é o pai do autor do incendio, tamén ferido e detido pouco despois pola Policía Nacional. O ferido grave foi levado en ambulancia ao hospital Virgen de la Arrixaca, de El Palmar, e os outros familiares, ao Morales Meseguer, de Murcia.

Quen deu aviso foi un empregado da empresa municipal de limpeza, Sercomosa, que informou de que a casa xa estaba a arder cando viu o home prendendo lume aos vehículos, que xeraron unha fumareda que tamén afectou á casa. 

Noticias web

12/10/2021