CRTVG

Buscar

Queda sen mascotas e sen pertenzas tras o incendio da súa vivenda

Publicado o 31/05/2021 14:23

A grande fumareda que orixinou o incendio dunha vivenda da Coruña e que podía verse a varios quilómetros de distancia xa facía prever aos bombeiros que ía ser unha extinción complicada.

"Nas inmediacións xa vimos que había fume e xa sabiamos que ía ser algo importante. Cando chegamos os ocupantes do edificio xa o estaban desocupando e foxemos un ataque interior e outro exerior", di Francisco Rodríguez, sarxento do parque de bombeiros da Coruña.

O obxectivo era evitar que as lapas se estenderan aos edificios lindeiros, altamente inflamables por tratarse de inmobles antigos.

"Hai casas moi antigas de madeira, son incendios moi complicados pero por sorte era o últmo piso do edificio. Quedou completamente afcetado pero o feito de que as lapas romperan pola cuberta axudounos a que saíran os gases", di Francisco Rodríguez, sarxento do parque de bombeiros da Coruña.

No momento de iniciarse o lume o inquilino, un home de nacionalidade británica, non estaba na vivenda, pero si as súas mascotas que faleceron.

"Un can bastante grande e un gato que vivian co inquilino faleceron. O inquilino quedou totalmente sen nada, sen as súas mascotas, sen a súa vivenda, sen roupa e sen as súas pertenzas", di Francisco Rodríguez, sarxento do parque de bombeiros da Coruña.

O home precisou de asistencia médica por un ataque de ansiedade. A Policía Nacional investiga onde se puido orixinar o lume.

Noticias web

31/05/2021