CRTVG

Buscar

Un home asasina a avogada que o defendeu no xuízo por matar a súa muller

Publicado o 18/01/2019 21:31

Co asasinato da avogada de Zaragoza por parte do home co que mantiña unha relación sentimental son xa 8 as mulleres asasinadas no que levamos de ano 2019.

En Zaragoza sucedéronse as concentracións de repulsa por este novo crime machista. Rebeca Santamalia foi asasinada polo home ao que defendeu en 2003 no xuízo polo asasinato da súa muller e polo que foi condenado a 18 anos de prisión. Agora, estando el en liberdade provisional concedida por un xuíz, mantiñan unha relación sentimental. 

Rebeca Santamalia era avogada e tiña 48 anos. Na súa vida profesional defendera a José Javier Salvador Calvo no xuízo polo asasinato da súa esposa no ano 2003. Agora mantiñan unha relación sentimental. Foi o marido de Rebeca o que denunciou a súa desaparición ao ver que non volvía á casa. Daquela unha irmá da falecida dirixiu a policía ata o piso do suposto asasino onde atoparon o cadáver con feridas de arma branca. E case ao mesmo tempo que identificaban o dono do piso como un antigo cliente de Rebeca, sóubose que o home se suicidara en Teruel tirándose do viaduto. 

Javier Salvador Calvo que estaba en liberdade condicional desde xaneiro de 2017 grazas ao xuíz de vixilancia penitenciaria contra o criterio do centro onde cumpría a condena polo asasinato da súa muller. Estivera preso 10 anos e outros 4 en terceiro grao. A condena total a cumprir era de 18 anos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2019