Un home preséntase na comisaría de Lugo para autoinculparse dos roubos en dous coches
Publicado o 05/03/2021 15:55

Un ladrón arrepentido entrégase á policía despois de roubar en dous turismos que estaban aparcados nun garaxe de Lugo.
O home presentouse na comisaría para autoinculparse dos feitos, que tiveron lugar no aparcadoiro dun edificio da avenida da Coruña. Cando se entregou levaba todos os obxectos subtraídos: un teléfono móbil, unha navalla e outros artigos de escaso valor que colleu despois de romper o cristal dos vehículos. O home, de 33 anos, foi posto xa a disposición xudicial.