CRTVG

Buscar

Un mozo precipítase á rúa tras unha liorta desde un primeiro piso na Coruña

Publicado o 03/07/2021 21:06

Na Coruña, un home quedou ferido ao precipitarse á rúa desde a ventá dun primeiro piso. Aconteceu esta tarde na rolda de Outeiro.

Segundo unha testemuña, a caída sucedeu no medio dunha forte discusión con outra persoa. Indican que mesmo lle roubo o que levaba nos petos cando estaba tendido no chan. As primeiras investigacións da Policía Local apuntan a que a lea estaría relacionada cun asunto de drogas. 

Unha auxiliar de enfermería que nese intre ocupaba unha mesa nunha terraza próxima atendeu o home ata que chegou a ambulancia e o trasladou a un centro sanitario.

Noticias web

03/07/2021