CRTVG

Buscar

Falece un home ao rexistrarse un incendio na súa vivenda en Bueu

Publicado o 12/04/2019 22:07

Un veciño de Bueu morreu esta mañá no incendio da súa vivenda en Beluso. O lugar do suceso foi examinado por un equipo específico da Garda Civil experto neste tipo de sinistros. O corpo de falecido, Chema Álvarez Barral, duns 50 anos, foi levantado hai escasamente unha hora.

Pouco antes da unha da tarde era levantado o cadáver de Chema Álvarez Barral, que vivía nesta vivenda que fora dos seus pais no barrio de Curraces en Beluso. Contra ás seis da mañá os veciños escoitaron o ruido dos cristais ao estouraren, algúns chegaron a ver as lapas.

Cando chegaron os bombeiros do Morrazo xa atoparon todo o primeiro andar calcinado, tamén o habitante da vivenda nunha estrutura que parecía un sofá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019