CRTVG

Buscar

Morre un home de 76 anos ao caer á auga no Portiño

Publicado o 07/01/2019 08:27

Un home de 76 anos morreu este domingo ao caer á auga na zona do Portiño, na Coruña. O falecido paseaba coa súa muller cando se enredou cunhas cordas e caeu ao mar entre as embarcacións. Aínda que outras persoas lograron rescatalo da auga, cando chegaron os sanitarios de urxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida. Todo apunta a que se tratou dun accidente fortuíto.

Noticias web

07/01/2019