CRTVG

Buscar

Un home morre en Forcarei nun accidente de tractor

Publicado o 16/09/2021 10:27

Nova vítima mortal nun accidente de tractor en Galicia. Foi un home o que perdeu a vida logo de quedar atrapado debaixo do tractor que conducía. Aconteceu no concello pontevedrés de Forcarei. Ata o lugar do sinistro desprazáronse os bombeiros, que tiveron que excarcerar a vítima, e tamén a Garda Civil e un equipo de sanitarios. Nada se puido facer por salvar o home. 

No que vai de ano, os accidentes de tractor causaron en Galicia máis mortes que os sinistros de moto ou os atropelos. De feito, é o segundo vehículo que máis vítimas deixa este 2021 na comunidade autónoma, só por detrás dos coches. 

Os expertos atribúen esta alta sinistralidade á antigüidade destes vehículos agrícolas. Recomendan instalar neles as barras antienvorcadura e tamén que o condutor leve posto sempre o cinto de seguridade. 

Noticias web

16/09/2021