Un home morre calcinado dentro dun alpendre no concello de Ponteareas
Publicado o 02/03/2019 09:08
Un home duns sesenta anos faleceu esta madrugada nun incendio acontecido en Guláns, Ponteareas. A vítima estaba no interior dun alpendre cando por causas descoñecidas prendeu o lume.
Segundo o testemuño de veciños, familiares e residentes tentaron apagar as lapas, pero parte da estrutura derrubouse e quedou atrapada a vítima. Malia acudiren os Bombeiros e a Policía Local de Ponteareas, non foi posible rescatalo con vida.
A Garda Civil investiga as causas do lume que, segundo os primeiros indicios, puido deberse a un curtocircuíto.