CRTVG

Buscar

Un home morre atropelado polo seu propio coche en Santiago

Publicado o 04/06/2021 14:18

Un home faleceu este venres en Santiago de Compostela nun atropelo accidental co seu propio vehículo no garaxe. A vítima quedou atrapada entre o coche e unha parede.

Segundo informou o 112 Galicia, a alerta recibiuse ás dez e media da mañá e os servizos sanitarios, que xa enviaran asistencia, reclamaban medios para colaborar na evacuación do home. 

Malia que non houbo testemuñas, barállase a hipótese de que o home, duns 50 anos, deixou a furgoneta na rampa de saida do garaxe para pechar manualmente a porta, cando o veículo se lle veu enriba e atrapouno contra unha columna. OS servizos médicos só puideron certificar a sua morte.

O suceso causou gran conmoción no barrio onde Pablo, a vítima, uruguaio de nacemento, era moi coñecido por colaborar nun proxecto solidario de cociña económica.

Ademais do persoal médico, desprazáronse ao lugar, na rúa Poza de Bar, efectivos da Policía Local, Protección Civil e Bombeiros. Porén, non puideron facer nada por salvarlle a vida. 

Noticias web

04/06/2021