CRTVG

Buscar

Un home mata o xenro e entrégase á policía en Mieres

Publicado o 12/11/2019 20:33

En Mieres, un home entregouse á policía tras matar, supostamente, o seu xenro. O suceso tivo lugar nesta vivenda da localidade asturiana. Segundo parece, houbo unha discusión familiar e o detido acoitelou o xenro.

O cadáver da vítima foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense para facerlle a autopsia. Fontes próximas á investigación aseguran que o falecido, que tiña 40 anos, se estaba separando da filla do autor do crime.

Noticias web

12/11/2019