CRTVG

Buscar

Un mozo de 25 anos degola o seu pai nun piso de Madrid

Publicado o 21/06/2020 11:31

Un mozo de 25 anos propinoulle varias coiteladas no pescozo ao seu pai de 62 que lle causaron a morte no domicilio familiar en Madrid. O parricidio rexistrouse no distrito de Chamberí o sábado pola noite. Conforme as primeiras investigacións policiais, todo sucedeu durante unha discusión entre os dous homes de nacionalidade española.

Os axentes detiveron o suposto agresor, que ingresou nun hospital para a súa avaliación psiquiátrica.

Noticias web

21/06/2020