CRTVG

Buscar

Un home mata o seu fillo, fere de gravidade a súa muller e intenta suicidarse en Teruel

Publicado o 08/08/2019 09:02

Un home matou o seu fillo de 16 anos e feriu de gravidade a súa parella e nai do adolescente, en Andorra (Teruel), antes de lanzarse pola ventá do cuarto piso do seu domicilio, segundo informaron fontes da investigación, que apuntan a un caso de violencia machista.

O home tirouse pola ventá do seu domicilio e entón os axentes descubriron o cadáver do fillo, con feridas de arma branca, e a muller, de 39 anos, con feridas graves, que foi trasladada ao hospital Miguel Servet de Zaragoza nun helicóptero do 112.

O suposto asasino, de 41 anos, foi trasladado ao hospital de Alcañiz con feridas graves. O adolescente asasinado era fillo da muller ferida e do seu suposto asasino. Fontes da Delegación do Goberno en Aragón indican que non había denuncias previas de violencia machista entre a parella.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019