CRTVG

Buscar

Un home mata ó fillo da súa parella en Cartaxena

Publicado o 05/09/2021 20:55

Un mozo de vinte e un anos morreu en Cartaxena a consecuencia das coiteladas que lle deu no pescozo a parella de súa nai.
O suceso produciuse onte preto das doce da noite, durante unha pelexa familiar. Os veciños do barrio da Concepción, da localidade murciana, din que escoitaron berros e chamaron a Policía. Ao parecer, o mozo estaba berrándolle á súa nai.

A parella da muller reñeulle, e comezaron unha pelexa que rematou co mozo morto polas coiteladas que recibiu no pescozo.

Noticias web

05/09/2021