CRTVG

Buscar

Un home mata dun tiro a súa muller en Málaga e logo suicídase

Publicado o 15/07/2021 20:07
Un home mata dun tiro a súa muller en Málaga e logo suicídase

Unha muller de 46 anos foi asasinada dun disparo pola súa parella que logo se suicidou. Ocorreu en Málaga esta mañá ás portas do colexio onde a vítima traballaba como limpadora. O home, de 55 anos, disparoulle á muller cunha escopeta e posteriormente suicidouse con ela. A parella estaba en trámites de separación, pero non constan denuncias previas por malos tratos. Con este crime, son xa 25 as mulleres mortas por violencia machista no que vai de ano.

Noticias web

15/07/2021