CRTVG

Buscar

O suposto asasino da muller de La Viñuela tiña sete demandas de dúas noivas anteriores

Publicado o 14/02/2018 15:02

 

Unha muller de 44 anos morreu acoitelada en Málaga, e o seu mozo, con antecedentes por malos tratos, está detido. O corpo da vítima tiña preto de 30 feridas de arma branca.

Un home sospeitoso de acoitelar ata matar a súa parella en La Viñuela, Málaga, foi detido esta madrugada. O crime ocorreu onte á noite, e foi o fillo da vítima o que puxo a Garda Civil sobre a pista. O rapaz viu como o suposto asasino marchaba no coche, e como un regueiro de sangue desde o lugar onde estivera aparcado o vehículo chegaba ata a vivenda familiar. 

Os axentes atoparon o corpo con numerosas coiteladas, preto de trinta, segundo cálculos previos á autopsia.

Non constaban denuncias por malos tratos da muller asasinada, pero si polo menos dúas de relacións anteriores. O home está á espera de pasar ao Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vélez-Málaga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018