CRTVG

Buscar

Un home mata catro nenos cos que estaba atrincheirado nun apartamento en Orlando

Publicado o 12/06/2018 21:30

A cidade de Orlando conmocionada por un novo caso de violencia doméstica que acabou coas vidas de 4 nenos.  

Gery Lindsay de trinta e cinco anos de idade é o autor da nova traxedia na cidade de Orlando e que lle custou a vida a catro pequenos, dous dos cales eran os seus fillos. O episodio comezou a media noite do pasado domingo, cando a policía respondeu a unha chamada da súa noiva, acusando o sospeitoso de maltratala. Foi entón cando Lindsay se atrincheirou cos pequenos de entre un e once anos para acabar matándolles dun disparo e despois suicidarse. No enfrontamento varios policías quedaron feridos, aínda que non se teme polas súas vidas. Os rexistros xudiciais mostran que Lindsey tiña un extenso historial delituoso con cargos por incendio premeditado, agresión e roubo. O suceso conmocionou Orlando, cidade en que se lembraba os mortos no atentado terrorista na discoteca Pulse, no seu segundo aniversario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2018