CRTVG

Buscar

Unha alemá de 59 anos, nova vítima dun crime de violencia machista, en Mallorca

Publicado o 22/09/2019 15:19

Nova vítima dun crime de violencia machista, esta vez na illa de Mallorca. No piso que compartían, un home de 59 anos acabou coa vida da súa parella, da mesma idade, asestándolle cinco coiteladas.

Foi ás oito e media da mañá de hoxe, no enderezo que compartían nesta urbanización da localidade mallorquina de Ses Salines. Un home de 59 anos e nacionalidade española acoitelou ata en cinco ocasións, no tórax e o abdome, a súa parella, unha alemá tamén de 59 anos. A alerta saltou cando os veciños observaron o agresor coa arma ensanguentada na rúa.

O persoal de emerxencias médicas desprazado ao lugar xa só puido confirmar o falecemento da muller. O equipo da policía xudicial da Garda Civil investiga o caso, o primeiro de violencia machista nas Baleares no que vai de ano. O Instituto Balear da Muller asegurou que a vítima nunca presentara denuncias por agresións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2019