CRTVG

Buscar

Un home mata a súa parella, atropela a filla e despois de fuxir atópano morto

Publicado o 06/10/2018 19:23
Un home mata a súa parella, atropela a filla e despois de fuxir atópano morto

Os Mossos d'Esquadra atoparon o home, de 53 anos, presunto autor do asasinato, que fuxiu tras matar a súa parella e atropelar a filla desta, causándolle feridas graves, nun novo suceso de violencia machista. Ocorreu sobre as tres e media da tarde deste sábado na localidade xerundense de Sant Joan les Fonts, unha pequena localidade da comarca da Garrotxa de apenas 3.000 habitantes.

O presunto autor do homicidio, de nacionalidade española, segundo as primeiras pescudas tiña denuncias e orde de afastamento da súa vítima, de 48 anos. Os Mossos atoparon o coche co que emprendeu a fuxida e tamén o home, pero xa estaba morto. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2018