CRTVG

Buscar

Un home mata a súa parella dun disparo na cabeza en Valencia

Publicado o 09/03/2020 14:14

Este domingo, mentres millóns de mulleres se manifestaban en todo o mundo, Mónica Espinola, de 36 anos, morría no hospital La Fe de Valencia, onde estaba ingresada desde o sábado, tras recibir un disparo na cabeza. A Garda Civil detivo o seu compañeiro sentimental, que admite o disparo, pero asegura que foi un accidente.

Óscar Noguera, Alcalde de Villanueva de Castellón: "Estaba manipulando a arma e fortuitamente disparouse e ocasionoulle unha ferida na cabeza a esta señora, que se trasladou a La Fe e que esta noite pois lamentablemente faleceu"

Sucedeu o venres pola noite nesta casa. Segundo as investigacións da Garda Civil, o home disparou unha soa vez contra Mónica cao claro obxectivo de acabar coa súa vida. Unha ambulancia trasladou a vítima ao hospital en estado crítico e faleceu un día despois. O cadáver foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Valencia para facerlle a autopsia este luns. A delegada do Goberno confirmou que se trataba dun novo caso de violencia machista. A vítima deixa un fillo menor de idade. Non había denuncias previas por malos tratos aínda que amigos da parella foron testemuñas dalgunha agresión por parte do detido. Todas as institucións da Comunidade Valenciana mostraron a súa respulsa por este crime machista
 

Noticias web

09/03/2020