CRTVG

Buscar

Un home mata a súa muller dun tiro en Valga e despois suicídase coa mesma arma

Publicado o 10/03/2019 21:19

Un home de 46 anos matou a súa muller no domicilio no que vivían e despois se quitou a vida, segundo informaron a primeiras horas desta tarde.

O suceso produciuse sobre as tres deste domingo no interior da vivenda no lugar de Bronllo - Setecoros, onde residía a parella e unha cuñada da vítima, que acudiu á casa ao ver que o matrimonio non aparecía a unha cita. Tivo que forzar a porta de entrada e atopou a falecida, M.J.A.G., de 43 anos, cun disparo no peito, mentres que o marido disparouse na cabeza coa mesma arma.

A parella tiña dous fillos, maiores de idade, e non constan antecedentes de violencia de xénero. O marido, J.B.F. tiña licenza regulamentaria de arma como cazador. 

Con este novo caso, xa son doce as mulleres falecidas en España a mans da súas parellas, o primeiro en Galicia, no que levamos de ano 2019.

O Concello de Valga celebrará mañá un pleno para decretar días de loito por este crime e posteriormente unha concentración en repulsa deste tipo de actos.