CRTVG

Buscar

Un home mata a súa inquilina cunha barra de ferro en Zafra

Publicado o 31/01/2020 20:01

Un home de 71 anos está detido tras matar a súa inquilina, de 59, cunha barra de ferro na localidade de Zafra, Badaxoz. Foi un veciño quen alertou a Garda Civil de que se estaba a producir unha liorta nunha vivenda próxima. Cando chegaron os axentes xa atoparon a muller morta con fortes golpes na cabeza. Descoñécese de momento o motivo da discusión entrambos. O home entregouse voluntariamente e está detido. Permanece nas dependencias da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2020