CRTVG

Buscar

Un home mata a súa ex-parella nas Palmas de Gran Canaria

Publicado o 30/09/2019 19:02

Un home de 50 anos matou este luns a súa ex-parella nas Palmas de Gran Canaria, unha muller de 49 anos. Conviviron ata a primavera pasada e non constan denuncias previas. A agresión tivo lugar no centro de traballo da vítima. Posteriormente, o home suicidouse.

Os feitos ocorreron pasadas as dez e media nesta casa das Palmas. A muller traballaba aquí como empregada do fogar. O home veuna buscar, e todo parece indicar que ela lle abriu a porta voluntariamente. Minutos despois, os veciños oíron os berros. 

 "Sóubeno porque oín os berros na miña casa e asomeime para ver que pasaba, a ver se a collera un coche. E entón veu un señor vestido de vermello e empezou a petarlle na porta, pero non contestaba".

Cando conseguiron entrar atoparon dous cadáveres. O da muller acoitelada e o do agresor, que se suicidou alí mesmo. 45 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas no que vai de ano. Son 1020 dende que hai rexistros.
 
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí