CRTVG

Buscar

Un home mata a parella e os dous fillos en Úbeda cunha arma branca

Publicado o 14/06/2020 21:39

Pouco despois das oito da mañá, a Policía topou no interior da vivenda os corpos da muller e un dos fillos con feridas de arma branca. O outro estaba no relanzo da escaleira aínda con vida, pero faceleu no hospital. Todo parece indicar que o suposto asasino, tras cometer os crimes, se guindou pola fiestra.

O caso está baixo segredo de sumario. Segundo a Delegación do Goberno en Andalucía, non constan denuncias por violencia machista. A corporación municipal de Úbeda convoca para as doce do mediodía deste luns tres minutos de silencio en memoria das tres últimas vítimas da violencia machista no noso país.

Noticias web

14/06/2020